Relacións de produción - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Relacións de produción
No marxismo, son as relacións que inician os seres humanos, en canto axentes do proceso de produción; estas relacións son necesarias para poder levar a cabo a produción dos bens desexados, e son independentes da vontade dos axentes produtivos. Poden ter un carácter técnico ou social.

As relacións sociais de produción estabelécense en función da posición que ocupan os axentes no que fai á propiedade ou non dos medios de produción. Pódense estabelecer relacións sociais de colaboración (se todos son propietarios dos medios de produción, en cuxo caso ningún sector da sociedade vive da explotación doutro), ou relacións de explotación, de exclusión, de dominación (se uns son propietarios dos medios de produción e outros non). Neste último caso a relación de dominación é unha relación explotador-explotado, na medida que os propietarios dos medios de produción viven do traballo dos non propietarios. Para Marx, esta relación de explotación é a típica das sociedades clasistas: a sociedade escravista, a feudal e a capitalista.